POLO SAN MARTIÑO....

11 nov 2011

...Peóns ao camiño. Eso di o refrán. Hoxe é un día moi especial é o día do peón.
Dunha maneira moi sinxela podemos frabricar os nosos propios peóns, xa que polo de agora os de madeira son un pouco perigosos para vós.
Espero que pasedes unha tarde entretida cos vosos pais facendo estes sinxelos peons e a disfrutar do día!!!

Necesitamos:
Tiras de papel de cores duns 60 cm
Pegamento
Palillos

Pegamos a tira de papel xusto na punta do palillo, imos envolvendo e apretando ben e ao final poñemos pegamento. Seguimos engadindo mais tiras ata ter un disco duns 3 cm. e xa temos o noso peón de papel!!

Si tedes algunha dúvida pinchade na imaxe e poderedes ver o proceso.

1 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Que bonitos son e parecen bastante sinxelos de facer, terei que probar a ver que tal. Xa te contaré, xa. Un biquiño.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.