O luns 28 de novembro imos realizar a nosa primeira saída, vai ser ao teatro a Narón para ver a obra Los animales de Don Baltasar.
Esta obra conta a historia dun home que se atopa cun gato que fai muu, un can que miaña, unha vaca que fai cua-cua e un pato que ladra.
Aquí tedes a ficha técnica da obra.
Tamén imos visitar a Biblioteca de Narón e o Centro Comercial Narón. Como vedes imos aproveitar a saída ao máximo.
1 comentarios:
Seguriño que o ides pasar moi ben. Nós fomos hoxe á Casa da Cultura de Narón a ver a comedia Nana para un soldado do grupo Ghazafelhos e nos divertimos un montón. Un bico.
Publicar un comentario