MAIS TEATRO

30 nov. 2011

Esta semana vai de teatro. Onte tivemos no cole a representación da obra "O país dos mandóns" baseado no conto do mesmo nome de Cristina Justo e Paloma Rodríguez e tamén facendo mención a outros dous libros  desta autora O segredo de Flora e A urna dos desexos. Estos tres contos son os primeiros dunha colección A igualdade conta que nos serven para traballar este tema na educación infantil.



A partir destas dúas representacións de teatro imos realizar unha elección. Como xa puidéchedes ver no cole temos os carteis electorais, xa colocamos o censo e mañá será o día decisivo. Cal das dúas obras será a que máis nos gustou?

SAÍDA AO TEATRO

24 nov. 2011

O luns 28 de novembro imos realizar a nosa primeira saída, vai ser ao teatro a Narón para ver a obra Los animales de Don Baltasar.



Esta obra conta a historia dun home que se atopa cun gato que fai muu, un can que miaña, unha vaca que fai cua-cua e un pato que ladra. 
Aquí tedes a ficha técnica da obra.











Tamén imos visitar a Biblioteca de Narón e o Centro Comercial Narón. Como vedes imos aproveitar a saída ao máximo.


FELIZ DÍA DO NENO

20 nov. 2011

Hoxe celébrase o Dia universal dos dereitos dos nenos e nenas. Dunha maneira divertida Pocoyo ensínaos, pinchade na imaxe para velos. Moitas grazas ao blog AULA TIC por atopar tantos recursos e compartilos cos demais.






POLO SAN MARTIÑO....

11 nov. 2011

...Peóns ao camiño. Eso di o refrán. Hoxe é un día moi especial é o día do peón.
Dunha maneira moi sinxela podemos frabricar os nosos propios peóns, xa que polo de agora os de madeira son un pouco perigosos para vós.
Espero que pasedes unha tarde entretida cos vosos pais facendo estes sinxelos peons e a disfrutar do día!!!

Necesitamos:
Tiras de papel de cores duns 60 cm
Pegamento
Palillos

Pegamos a tira de papel xusto na punta do palillo, imos envolvendo e apretando ben e ao final poñemos pegamento. Seguimos engadindo mais tiras ata ter un disco duns 3 cm. e xa temos o noso peón de papel!!

Si tedes algunha dúvida pinchade na imaxe e poderedes ver o proceso.

FESTA DO MAGOSTO

2 nov. 2011

O vindeiro venres imos celebrar o magosto. É un día moi especial para os nenos e nenas de Apelón xa que é unha das veces que subimos ao cole dos maiores.
Para esta festa fixemos unhas cestas con papel de periódico mirade que ven nos quedaron. 

Agora os deixo unhas fotos de todo o que traballaron os nenos e nenas.


                    3 anos




                               4 anos




                    5 anos


Recordade que os nenos e nenas xa van directamente para o cole dos Catro Camiños.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.