DÍA ESCOLAR POLA PAZ

25 ene. 2012



Xa faltan poucos días para celebrar no cole o día da Paz. O 30 de xaneiro conmemoramos o 64 aniversario da morte de Gandhi, lider do movemento da non violencia que xurdiu na India para resistir ao dominio británico.Morreu asasinado un ano despois de que a India conquerira a súa independencia.
Gandhi deixounos un gran legado como apóstolo da non violencia e defensor a ultranza da Paz.

O vindeiro luns , se o tempo o permite, subiremos ao cole dos maiores e cantaremos a canción de Jose Luis Perales "Que canten los niños" Aquí tedes o vídeo para ir practicando.





Tamén estamos  estamos a preparar unhas biseiras para ese día. Xa veredes que bonitas nos quedan.

1 comentarios:

Ana dijo...

Xa nolas amosaredes que seguriño que son preciosas. Que teñades un moi bo día da Paz e que non vos chova para subir ao cole. Biquiños.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.