ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

2 feb 2012

 
Mirade que guapos e guapas estabamos o luns día 31 de xaneiro para celebrar o Día Escolar pola Paz.


Todos preparados coas nosas viseiras para sair cara a Catro Camiños onde nos esperaban os maiores.



Costa un pouco subir pola rúa Apelón pero pouco a pouco imos chegando.




Xa no cole estivemos moi atentos as 101 fotos que nos mandaron os nenos e nenas do Sahara aos que lles mandaramos material (lapis e libretas). Eles ensináronnos como viven e o Bubisher, un camión biblioteca. Tamén vimos un traballo sobre Gandhi e por último cantamos a canción que estiveramos preparando estos días "Que canten los niños". Que ben o fixemos!!!!



Despois de pasar parte da xornada no cole de Catro Camiños marchamos cara Apelón. 
Xa nos está tardando para que chegue outra oportunidade de estar todos xuntos. Ata a próxima.



Como vedes tiñamos unhas viseiras con forma de pomba. O proceso de elaboración foi o seguinte: Primeiro picamos as ás, despois as coloreamos do noso color preferido e por último as recortamos. Aquí vos deixo as fotos por grupos.






1 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Gústanme moito as viseiras das pombas. Seguro que o pasáchedes moi ben e cantáchedes como verdadeiros artistas que sodes. Unha gran aperta.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.