Xa estamos no Entroido. Tardábanos moito esta festa pois levabamos uns días preparando todo para ela e estabamos moi inquedos.
Como xa sabedes íamos disfrazados do mar da ría de Mugardos e moi característico dela é a súa lancha por eso decidimos adornar as nosas cabezas cunhas viseiras mirade como foi o noso traballo.
E por fín chegou o venres e o día do desfile polas rúas. Pásamolo moi ben. Agradecer a todos os pais e nais que nos acompañaron e axudaron.
Recordade que nos outros blog do cole podes ver máis fotos.
1 comentarios:
Que guapísimos e guapísimas iades! Nótase que disfrutáchedes un montón. Un biquiño y FELIZ ENTROIDO!!!!!!
Publicar un comentario