Chamamos periodo de adaptación ao tempo que tardan os nenos e nenas en adaptarse á contorna escolar.
O inicio da escolarización supón para o neno un gran cambio, pasa do ambiente familiar no que se sente protexido a un novo espazo no que se ten que relacionar cuns materiais e mobiliario diferente, con outros nenos que teñen as súas mesmas necesidades e con adultos que aínda non son da súa confianza.
O proceso de adaptación é diferente en cada neno, non ten unha duración determinada, finaliza cando o neno supera estes cambios e séntese feliz na escola.
QUE DEBEMOS FACER PAIS E MESTRES?
A nosa tarefa como adultos é intentar que o periodo de adaptación dos nenos desenvólvese con naturalidade.
Os pais tamén deben adaptarse á nova situación e, é posible, que teñan tantos temores e dúbidas como o seu fillo, pero están obrigados a transmitir a maior confianza e seguridade posible, xa que pola contra os sentimentos negativos(excesiva preocupación, temor, angustia...) poden ser transmitidos aos nenos e polo tanto dificultar a súa adaptación á escola.
A continuación enumeramos unha serie de recomendacións para facilitar a adaptación dos vosos fillos:
- Presentade a escola como un lugar agradable.
- Evitade facer comentarios negativos sobre o centro ou o profesorado diante do neno/a.
- Cando deixedes ao voso fillo/a é importante que:
- Dicídelle o que fará na escola e que á saída estarédelo esperando.
- Evitade dicir mentiras e marcharvos cando estean despistados, sentiranse enganados.
- Non traiades ao voso fillo/a á escola facéndolle promesas do tipo "Comprareiche....se..", isto presupón que non lles gustará a escola e non crerá nas boas posibilidades que esta lle ofrece.
- Non lle fagades vivir a escola como algo perigoso:"Xa verás cando vaias ao colexio"
- Sede puntuais tanto á entrada como á saída. O voso fillo/a se angustiará se ve que todos os nenos marcháronse e el continúa na escola.
CALENDARIO DO PERIODO DE ADAPTACIÓN
13 DE SETEMBRO:
De 10:00 a 11:00: MISHELLE, JIMENA, SAMUEL, CARMEN, DIEGO, DANIELA,LUCAS, ANXO.
De 11:30 a 12:30: ANIA, MARTA, TOMÁS, MARCO, MICAELA, EVA.
De 13:00 a 14:00: SOFÍA, JAVIER, MÓNICA, CARLOTA, ICÍA.
14 E 17 DE SETEMBRO:
De 10:00 a 11:30: MISHELLE, JIMENA, ANIA, MARTA, TOMÁS, SAMUEL, CARMEN, DIEGO, DANIELA, LUCAS, ANXO.
De 12:30 a 14:00: MARCO, SOFÍA, JAVIER, MICAELA, EVA, MÓNICA, CARLOTA, ICÍA.
18 E 19 DE SETEMBRO:
De 9:45 a 11:45: MISHELLE, JIMENA, ANIA, MARTA, TOMÁS, SAMUEL, CARMEN, DIEGO, DANIELA, LUCAS, ANXO.
De 12:00 a 14:00: MARCO, SOFÍA, JAVIER, MICAELA, EVA, MÓNICA, CARLOTA, ICÍA.
20 E 21 DE SETEMBRO:
TODOS/AS DE 10:30 A 13:30 OU 14:00.
SEMANA DO 24 AO 28 DE SETEMBRO:
TODOS/AS DE 9:00 A 14:00 (OPCIÓN DE ENTRAR ÁS 10:00)
A PARTIR DO 1 DE OUTUBRO O HORARIO SERÁ PARA TODOS/AS DE 9:00 A 14:00.
1 comentarios:
Espero que todos se te adapten a la primera je,je Un beso.
Publicar un comentario