DOURADIÑA : A FADA DO OUTONO

28 oct. 2012





O pasado luns, 22 de outubro, recibinos unha carta moi especial era de Douradiña, a Fada do Outono. Estivemos toda a semana preguntándonos quen sería esa fada, ninguén a coñecía pero o xoves chamaron a porta e a que non sabedes quen era?, pois claro era Douradiña.
Como estaba algo cansa démoslle de beber un pouco.

Viña acompañada da profe Pili e como nos contara na carta traíanos uns agasallos. 


Un ourizo e unha castaña para que fixéramos uns colares de zonchos coma os que lle regalara ela a profe Pili.

E un xogo de personaxes de Samaín. Gustáronnos moito.

Logo despediuse de nós. Mirade cantos bicos repartiu.

Moitas grazas pola visita!!!!

0 comentarios:

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.