O MAGOSTO

14 nov 2012

O día 31 de outubro celebramos no cole o Magosto. Foi un día moi especial para nós xa que estivemos todo o día no cole de catro camiños. Ao principio a algún de nós parecía que non nos gustaba moito a idea do cole dos maiores pero xa alí o pasamos moi ben.
O primeiro que fixemos foi ir a biblioteca onde os nenos e nenas de sexto de primaria representaron a obra "A figueira dos Pelos Trotos ". 
Mirade que caras de expectación tiñamos.

Daba un pouco de medo porque saian pantasmas pero como xa somos grandes non nos asustaron.
Despois a profe Pili contounos a historia  "Dominicus o dragón ten un problemón". E que sorpresa levamos ao ver a fada do outono Douradiña.
Como aínda quedaba xornada antes de comer as castañas fixemos uns obradoiros que consistían en colorear debuxos relacionados co outono e Samaín, realizar unhas actividades que preparou a profe Elvira para a pizarra dixital e por último pintarnos a cara de forma terrorífica. 





Despois dimos un pequeno paseo ata un parque próximo onde recollimos follas.






E por fin chegou o momento mais esperado a Festa do Magosto. 




1 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Menuda mañá máis ocupadiña tuvéchedes! Seguro que o pasáchedes fenomenal porque a cara nolo di. Unha aperta e feliz magosto! Nós o celebramos hoxe.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.