Xa faltan poucos días para celebrar no cole o día da Paz. O 30 de xaneiro conmemoramos o 64 aniversario da morte de Gandhi, lider do movemento da non violencia que xurdiu na India para resistir ao dominio británico.Morreu asasinado un ano despois de que a India conquerira a súa independencia.
Gandhi deixounos un gran legado como apóstolo da non violencia e defensor a ultranza da Paz.
O vindeiro luns , se o tempo o permite, subiremos ao cole dos maiores e cantaremos a canción de Jose Luis Perales "Que canten los niños" Aquí tedes o vídeo para ir practicando.
Tamén estamos estamos a preparar unhas biseiras para ese día. Xa veredes que bonitas nos quedan.