EL CAMALEÓN DE LOS COLORES

19 jun. 2012

Xa chega o final do curso e teño unha sorpresa para todos vós. Os nenos e nenas de tres anos aprenderon un conto que estiven traballando con eles durante este trimestre. E como non podía perder a ocasión os grabei e fixen este libro Lim sobre "El Camaleón de los colores", unha versión do conto de Mario Gomboli
Agradecer a Naiara, Leire, Gabriel, Andrea, Borja e Carlota Fernández que superaron o medo á grabadora e puxeron as súas voces para o conto. Que ben o fixéchedes!!!
Un agradecemento especial a miña amiga Ana Martínez por axudarme a facelo. 
Agora só queda que disfrutedes deste conto e das actividades. Espero que vos guste.



http://dl.dropbox.com/u/77078177/el%20camale%C3%B3n%20de%20los%20colores/el__camaleon_de_los_colores.html

O XOGO DA CARRASQUIÑA

14 jun. 2012

Toca agora o turno dos nenos e nenas de cinco anos. Un dos bailes que aprendimos e que lles gusta moito é O Xogo da Carrasquiña. Este baile está sacado do libro Na punta do pé,  o primer traballo do grupo Pesdelán. Se tedes ocasión non deixedes de botarlle unha ollada e como non, de bailar as súas danzas.


Outro xogo co que o pasamos moi ben foi o do tunel. Nesa ocasión dividimos a clase en dous grupos, os amarelos e os azuis e fixemos uns túneles humanos, gañaba o grupo que fixera o túnel mellor. Quen pensades que foi o gañador?

O XOGO DA ZAPATILLA POR DETRÁS

8 jun. 2012

Seguimos ensinándovos cousas que fixemos na clase de Psicomotricidade, agora tócalles aos de catro anos. Un dos xogos que máis lles gusta é a o da zapatilla por detrás. O xogo dí así:

Zapatilla por detrás,
tris, tras.
Ni la ves, ni la verás, 
tris, tras.
Mirad para arriba
que caen judías.
Mirád para abajo
que caen garbanzos.
¡A dormir, a dormir
que vienen 
los Reyes Magos!
¿A qué hora?




Outro dos xogos que lles gusta moito, e que tamén ten que ver con zapatos é "Zapatito quieto es".
Mirade que ben o pasan!!!





CHIMPÚN

6 jun. 2012

A Xanela de Infantil está pensada para que dende a casa os nenos e nenas poidan mostrarlle aos seus familiares as cousas que fan no cole. Case sempre poñemos fotos pero xa chegou o día no que nos vexades en movemento.
Na clase de Psicomotricidade, ademáis de xogar na piscina de bolas que é o que máis lles gusta, aprendimos algún que outro baile e aquí tedes a mostra do ben que o fan os nenos e nenas de tres anos. 



DÍA DO MEIO AMBIENTE

5 jun. 2012

Hoxe, 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente para celebralo deixovos este xogo que a miña amiga Ana ten no seu blog AulaTic. Non deixedes de facerlle unha visita xa que ten moitos recursos para traballar este día. Recordade axudar ao noso planeta.




A SEREA DAS ILLAS MIRANDAS

1 jun. 2012

Fai xa un tempo, alá polo mes de abril co motivo do día do libro, contei que estabamos a ilustrar entre todos dende infantil ata sexto de primaria a lenda "A Serea das Illas Mirandas".  Xa era hora de mostrar como nos quedou, a profe Cuqui a subiu a Youtube e a aquí tedes a resultado do noso traballo. Si queredes ver o orixinal non dubidedes en pasar polo Cole de Catro Camiños onde está exposto nas escaleiras, así poderedes apreciar as diferentes técnicas utilizadas para ilustralo.



 

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.