ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

30 sept. 2012


Xa rematamos o mes de setembro. Este mes foi moi especial para Icía, Eva e Marco pois cumpliron tres anos e o celebraron no cole. Cada fin de mes homenaxearemos a os nenos e nenas que cumpren anos.
Aquí podedes ver como o fixemos.





MOITAS FELICIDADES A OS TRES!!!

SEMANA DE FROITA

23 sept. 2012



Ao longo do curso realizaremos a campaña de subministración de froita fresca ao alumnado do centro escolar nas seguintes datas: 
  • Semana do 24 ao 28 de setembro (uva, figo, pexego, melón e cirola )
  • Semana do 26 ao 30 de novembro (por concretar)

A MERENDA NO COLE

20 sept. 2012

Xa levamos varios días no cole e cada vez pasamos mais tempo nel. Hoxe tocounos facer a merenda. Que rico estaba o pan!!!
Recordade que as merendas son as seguintes: 
  • LUNS E VENRES: FROITA
  • MARTES E XOVES: PAN
  • MÉRCORES: IOGUR
 





HORARIO PARA O XOVES E O VENRES

19 sept. 2012

A PISCINA DE BOLAS!!!

18 sept. 2012

Hoxe foi un día moi especial para os pequenos a profe Elvira levounos a súa clase, a clase de psicomotricidade. 
Alí hai moitas cousas: colchonetas, cabaliños, túneles, aros, pelotas e unha piscina de bolas moi grande que lles gusta moito aos nenos e nenas. 
Recordade que os martes e xoves temos psicomotricidade e temos que traer roupa cómoda.







O NOSO TERCER DÍA

17 sept. 2012

Xa cada vez cóstamos menos ir ao cole. Hoxe incorporáronse Jimena e Carmen e parece que lles gustou. Tamén tivemos unha novidade para o primeiro grupo, saímos ao patio!!!

Recordade o horario para o martes e o mércores:
  • de 9:45 a 11:45
  • de 12:00 a 14:00








O NOSO SEGUNDO DÍA

14 sept. 2012

Xa pasou o noso segundo día no cole de Apelón. Hoxe foi un pouco difícil para algún neno pero despois dun rato xa nos puxemos a xogar. E podedes comprobar o tranquilos que están.
 Recordade o horario para o luns: 
  • DE 10:00 A 11:30
  • DE 12:30 A 14:00








O NOSO PRIMEIRO DÍA DE COLE

13 sept. 2012

Hoxe foi o noso primeiro día no cole dos maiores. O pasamos moi ben. Xogamos cos coches, as bonecas, a plastilina e tamén coloreamos. 
Mañá temos unha nova xornada, esperamos que sexa tan entretida como a de hoxe. 

Recordade que maña vimos en dous grupos un de 10:00h a 11:30h e  outro de 12:30h a 14:00h
Aquí os deixamos unhas fotos do noso primeiro día.











PERIODO DE ADAPTACIÓN

12 sept. 2012


Chamamos periodo de adaptación ao tempo que tardan os nenos e nenas en adaptarse á contorna escolar.

O inicio da escolarización supón para o neno un gran cambio, pasa do ambiente familiar no que se sente protexido a un novo espazo no que se ten que relacionar cuns materiais e mobiliario diferente, con outros nenos que teñen as súas mesmas necesidades e con adultos que aínda non son da súa confianza.

O proceso de adaptación é diferente en cada neno, non ten unha duración determinada, finaliza cando o neno supera estes cambios e séntese feliz na escola.

QUE DEBEMOS FACER PAIS E MESTRES?
A nosa tarefa como adultos é intentar que o periodo de adaptación dos nenos desenvólvese con naturalidade.

Os pais tamén deben adaptarse á nova situación e, é posible, que teñan tantos temores e dúbidas como o seu fillo, pero están obrigados a transmitir a maior confianza e seguridade posible, xa que pola contra os sentimentos negativos(excesiva preocupación, temor, angustia...) poden ser transmitidos aos nenos e polo tanto dificultar a súa adaptación á escola.

A continuación enumeramos unha serie de recomendacións para facilitar a adaptación dos vosos fillos:
  • Presentade a escola como un lugar agradable.
  • Evitade facer comentarios negativos sobre o centro ou o profesorado diante do neno/a.
  • Cando deixedes ao voso fillo/a é importante que:
-Non note unha  actitude de dúbida pola vosa banda, transmitídelle seguridade e confianza na escola e no profesorado.
- Dicídelle o que fará na escola e que á saída estarédelo esperando.
- Evitade dicir mentiras e marcharvos cando estean despistados, sentiranse enganados.
- Non traiades ao voso fillo/a á escola facéndolle promesas do tipo "Comprareiche....se..", isto presupón que non lles gustará a escola e non crerá nas boas posibilidades que esta lle ofrece.
- Non lle fagades vivir a escola como algo perigoso:"Xa verás cando vaias ao colexio"
- Sede puntuais tanto á entrada como á saída. O voso fillo/a se angustiará se ve que todos os nenos marcháronse e el continúa na escola.

CALENDARIO DO PERIODO DE ADAPTACIÓN
13 DE SETEMBRO:
De 10:00 a 11:00: MISHELLE, JIMENA, SAMUEL, CARMEN, DIEGO, DANIELA,LUCAS, ANXO.

De 11:30 a 12:30: ANIA, MARTA, TOMÁS, MARCO, MICAELA, EVA.

De 13:00 a 14:00: SOFÍA, JAVIER, MÓNICA, CARLOTA, ICÍA.

14 E 17 DE SETEMBRO:
De 10:00 a 11:30: MISHELLE, JIMENA, ANIA, MARTA, TOMÁS, SAMUEL, CARMEN, DIEGO, DANIELA, LUCAS, ANXO.

De 12:30 a 14:00: MARCO, SOFÍA, JAVIER, MICAELA, EVA, MÓNICA, CARLOTA, ICÍA.

18 E 19 DE SETEMBRO:
De 9:45 a 11:45: MISHELLE, JIMENA, ANIA, MARTA, TOMÁS, SAMUEL, CARMEN, DIEGO, DANIELA, LUCAS, ANXO.


De 12:00 a 14:00: MARCO, SOFÍA, JAVIER, MICAELA, EVA, MÓNICA, CARLOTA, ICÍA.

20 E 21 DE SETEMBRO:
TODOS/AS DE 10:30 A 13:30 OU 14:00.

SEMANA DO 24 AO 28 DE SETEMBRO:
TODOS/AS DE 9:00 A 14:00 (OPCIÓN DE ENTRAR ÁS 10:00)


A PARTIR DO 1 DE OUTUBRO O HORARIO SERÁ PARA TODOS/AS DE 9:00 A 14:00.



COMEZA O COLE!!!!!

11 sept. 2012

Mañá día 12 de setembro comeza o curso. Ese día faremos unha reunión coas familias para tratar diversos temas. O horario será o seguinte:


Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.