FACENDO COLARES

29 oct. 2012

Mirade que concentrados estabamos facendo os colares de zonchos. 


ANIVERSARIO DE OUTUBRO


Este mes celebramos o cumpreanos de Carmen.
Coma sempre fixemos un libriño de debuxos coma agasallo e sopramos as velas da nosa especial tarta.


MOITAS FELICIDADES!!!!

DOURADIÑA : A FADA DO OUTONO

28 oct. 2012





O pasado luns, 22 de outubro, recibinos unha carta moi especial era de Douradiña, a Fada do Outono. Estivemos toda a semana preguntándonos quen sería esa fada, ninguén a coñecía pero o xoves chamaron a porta e a que non sabedes quen era?, pois claro era Douradiña.
Como estaba algo cansa démoslle de beber un pouco.

Viña acompañada da profe Pili e como nos contara na carta traíanos uns agasallos. 


Un ourizo e unha castaña para que fixéramos uns colares de zonchos coma os que lle regalara ela a profe Pili.

E un xogo de personaxes de Samaín. Gustáronnos moito.

Logo despediuse de nós. Mirade cantos bicos repartiu.

Moitas grazas pola visita!!!!

NOTA INFORMATIVA

26 oct. 2012




O vindeiro luns, 29 de outubro, faremos na escola uns colares de zonchos, polo que precisamos da vosa colaboración para que os nenos e nenas traian da casa algunhas castañas cocidas (os de 3 anos media ducia e os de 4 e 5 unha ducia). Grazas.

PREPARANDO O SAMAÍN

22 oct. 2012

Durante os próximos días imos prepararmos para celebrar o Samaín e o Magosto para iso temos pensado aprender estas cancións.

A primeira é Monstros e demais de Mamá Cabra.
 



Outra canción que nos gusta moito é a de Samaín de Jesus Pareja.



E por último unhas cancions de esqueletes.

 


A PRIMEIRA SAIDA

5 oct. 2012

Onte fixemos a nosa primeira saída, foi ao Cole de Catro Camiños. Alí agardabannos uns rapazes da Escola de Música de Mugardos que nos ensinaron varios instrumentos. Algúns de nós tivemos un pouco de medo xa que o primeiro instrumento que soou foi a batería e tiña un son un pouco forte. Tamén asustounos ver tantos nenos e nenas pero a pesar de todo o pasamos moi ben. 
Si queredes ver fotos da saída pinchade na imaxe.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.