SEGUNDA SEMANA DA FROITA NA ESCOLA

26 nov. 2012

Ao longo desta semana disfrutaremos da segunda e última oportunidade de tomar froita correspondente a campaña de subministración de froita fresca na escola patrocinada por FOGGA e a Unión Europea. 
Hoxe comezamos con uvas e tomaremos: pera, mazá, plátano e mandarina. Recordade de avisar si algún neno/a é alerxico a algunhas destas froitas.

"GRILLOS Y LUCIÉRNAGAS"

22 nov. 2012

Hoxe foi unha xornada moi especial para nós. Fixemos a nosa primeira saída fora do concello e para iso precisamos ir en autobús. Estábamos un pouco nervosos por esta viaxe, xa que os nenos e nenas que normalmente non van no transporte escolar tiñan moitas gañas de ir nel. Mirade que caras de felicidade tiñamos.


Vos preguntaredes a onde fumos, pois foi a o Auditorio de Narón a ver unha obra de teatro titulada "Grillos y luciérnagas" da compañía La Machina Teatro. Aquí vos deixo un avance da obra.

  


Mirade o atentos que estabamos durante a representación e o contentos que saímos.

COMEZAMOS PROXECTO

20 nov. 2012

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración aportando contos, figuras, debuxos.... para o noso proxecto sobre os peixes. 
Nestas idades cústalles un pouco deixar as súas cousas no cole pero non pensedes que xa non as necesitamos ou que non nos interesa o que nos mandades porque xa volvan para a casa, seguide deixando que as traian varias veces ata que rematemos o proxecto.

FELIZ DÍA DO NENO/A

Hoxe celébrase o Día dos dereitos do neno.
Espero que vos guste esta canción onde os Lunnis nos ensinan desta forma tan divertida os nosos dereitos.

OUTONO CHEGOU....

18 nov. 2012


Xa estamos de cheo no outono. Celebramos o Samaín, o Magosto e aprendimos unha poesía de outono. Que sorpresa levamos ao escoitar o outro día a Douradiña cantar a nosa poesía. Mirade que ven nos quedou. 
Aquí tedes todo o proceso.


O MAGOSTO

14 nov. 2012

O día 31 de outubro celebramos no cole o Magosto. Foi un día moi especial para nós xa que estivemos todo o día no cole de catro camiños. Ao principio a algún de nós parecía que non nos gustaba moito a idea do cole dos maiores pero xa alí o pasamos moi ben.
O primeiro que fixemos foi ir a biblioteca onde os nenos e nenas de sexto de primaria representaron a obra "A figueira dos Pelos Trotos ". 
Mirade que caras de expectación tiñamos.

Daba un pouco de medo porque saian pantasmas pero como xa somos grandes non nos asustaron.
Despois a profe Pili contounos a historia  "Dominicus o dragón ten un problemón". E que sorpresa levamos ao ver a fada do outono Douradiña.
Como aínda quedaba xornada antes de comer as castañas fixemos uns obradoiros que consistían en colorear debuxos relacionados co outono e Samaín, realizar unhas actividades que preparou a profe Elvira para a pizarra dixital e por último pintarnos a cara de forma terrorífica. 





Despois dimos un pequeno paseo ata un parque próximo onde recollimos follas.






E por fin chegou o momento mais esperado a Festa do Magosto. 




Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.