12-12-12 ÁS 12

12 dic. 2012

Hoxe é un día especial, é o día 12 do mes 12 do ano 2012, e neste día as 12 da mañá reunímonos todos os alumnos e alumnas de Unión Mugardesa no patio de Apelón para recitar un poema de Celso Emilio Ferreiro co gallo do centenario do seu nacemento.

DEITADO FRENTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño... 










É TEMPO DE NADAL

6 dic. 2012

Xa se aproximan as datas de Nadal e esta semana estivemos montando a nosa árbore da Nadal. 
Mirade que bonita nos quedou.





















Como lles gustou tanto adornar deixolles un xogo para que o sigan facendo. Pinchade na imaxe.


ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

1 dic. 2012

No mes de novembro Samuel e Tomás, os máis pequenos do cole, uníronse ao grupo dos tres anos.
Como cada final de mes fixemos unha festa, regalámoslles un libriño con debuxos aínda que Samuel dixo que prefería un choche azul e como non, sopramos as velas da nosa "tarta".


Moitas felicidades para os dous!!!!

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.