VISITA AO ACUARIUM FINISTERRAE

14 ene. 2013

O día 19 de decembro fixemos unha saída a A Coruña, alí aos pés da Torre de Hércules sitúase o Acuarium Finisterrae. Tiñamos moitas gañas de ir xa que ao longo do trimestre a profe Miriam estivo ensinándonos moitas cousas sobre os peixes e que mellor que velos no seu medio.
Foi a nosa primeira viaxe longa mirade a nosa cara de emoción antes de sair de cole.




Xa no acuario unha monitora foinos ensinando os moitos peixes que hai nos inmensos acuarios: sardiñas, congros,doradas, mexilóns... Non vos podemos ensinar fotos xa que tiñamos que deixalos tranquilos e non deixan facelas.

Despois fomos a unha sala (Farmacuáticos) que nos chamou moito a atención a súa  entrada, mirade que bonita. Alí hai especies que teñen interese biosanitario e a que non sabedes a que vimos, pois nada máis nin nada menos que a Nemo.




Tivemos a gran sorte de que mellorou o tempo e puidemos ver as focas comendo.


A continuación fomos á sala máis emocionante, a sala Naitilus onte puidemos ver o tiburón touro Gastón e miles de piexes máis. Nesta sala tiñamos que estar moi caladiños e non facer ruido para poder ver ao tiburón.Ese día Gastón non tiña moitas ganas de comer ainda que os buceadores o intentaron.





Os que si tiñamos ganas de merendar eramos nós que xa estabamos un pouco cansos, e nada mellor que unhas galletas. Que ricas!!!



E despois de repoñer forzas xa chegou ahora de marchar. 


Se queredes saber máis de Acuarium Finisterrae podeses ir a súa páxina web pinchando na primeira foto.

2 comentarios:

Ana dijo...

¡Menuda excursión! Seguriño que foi toda unha experiencia para eles. Deberon de disfrutar un montón. Unha aperta.

"Profe" Miriam dijo...

Ay como los echo de menos Angeles!Un dia de estos nos pasaremos a haceros una visita.
muchos besos para las profes!!

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.