Seguro que sabedes que levamos un tempo coidando no cole duns gusanos.
Despois da Semana Santa enterámonos que na clase de catro anos nacéranlles gusanos, así que fomos a pedirlles se nos daban uns poucos pois como nos gustan moito as bolboretas queriamos ver como era o proceso de transformacion dos gusanos de seda en bolboretas.
Dixeronnos como os tiñamos que coidar e déronnos unhas recomendación:
so comen follas de moreira, non os podíamos coller na man ata que foran un pouco máis grandes e non podíamos berrar pois asustanse.
Temos a sorte que no cole hai unha moreira así que collimos as follas para alimentalos.
Todos os días hai que poñerlles varias follas e son tan glotóns que axiña as papan.
Cada semana que pasa vanse facendo mais e mais grandes.
Agora estan a facer os casulos e temos que esperar a que saian as bolboretas. Esperemos que o fagan antes de rematar o cole.
1 comentarios:
Seguro que están abraiados mirando para eles, je,je Un bico.
Publicar un comentario