ALVARELLA

14 sept 2013

O pasado 3 de xuño realizamos a excursiónde fin de curso a Alvarella. Tiñamos moitas ganas de realizar esta visita didáctica, mirade as nosas caras no momento de sair.










Alí tiñannos preparados varios obradoiros.
O primeiro ao que fomos foi a elaboración de saquiños con herbas aromáticas, para iso fomos ao horto onde nos ensinaron o romero, a lavanda..












Cando xa recollemos as herbas de abondo confeccionanos os nosos sacos, para iso puxemos en cada pano trociños de herbas que estivemos partindo.




O segundo obradoiro foi xogar cun paracaídas. Foi unha experiencia moi divertida xa que fixemos tres xogos diferentes. O primeiro foi coller o paracaídas e movelo para que non caera unha pelota polo noso lado.








O segundo foi intentar meternos dentro e formar un gran cogumelo.






O último xogo era o do rato e o gato que consistía en atopar a un compañeiro que estaba dentro do paracaídas. Para que fose máis difícil tiñamos que non deixar de movelo.







De tanto xogo xa estabamos un pouco fatigados e chegou o momento de repoñer as nosas forzas. Mirade que formaliños.







Despois da comida chegou o último obradoiro a estampación das camisetas. O primeiro que fixemos foi colocar cada camiseta dentro dun papel de periódico para iso tivemos a axuda das profes.



O monitor ensinounos as follas que os nosos compañeiros recolleran polo monte. Follas de carballos, castiñeiros... ¡Que atentos estivemos as explicacións!.






E chegou o momento máis divertido pintar as follas e estampalas nas camisetas.








¡Que bonitas estaban todas elas secándose ao sol!.

Chegou o momento de marchar. Despois dunha xornada tan intensa algúns estaban tan cansos que se quedaron durmidos no autobús.








Foi unha xornada moi divertida para todos.



1 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Vese que o pasaron fenomenal e que quedaron moiiiiiii rendidos. Un bico.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.