O MAGOSTO 2013

17 nov 2013

O venres 8 de novembro celebramos o Magosto no cole dos maiores. Sempre que imos ao cole de catro camiños facemos un montón de cousas. 
O primeiro foi colorear unhas castañas para decodar os nosos cucuruchos e poñelos mais bonitos para poder meter neles as castañas.











Cando xa rematamos os nosos cucuruchos nada mellor que visitar unha exposición de cabazas feitas polos nenos e nenas maoires. Que chulas!!!



Despois na biblioteca, e tras unha eleción democrática, vimos uns videos de Caillou e dos teletubbies. E como xa estabamos un pouco cansos de estar sentados un pouco de movemento co rap do magosto.


 

Cada vez mais preto de comer as castañas pero antes tiñamos que estar preparados para a festa pintando as nosas caras.









E xa chegou o momento tan esperado durante toda a mañá. As ricas castañas!!!







0 comentarios:

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.