UN DÍA EN CATRO CAMIÑOS

10 nov. 2013

O 30 de outubro estivemos no cole dos maiores. Aproveitando que eles ian de excursión, uns as fragas do Eume e outros ao colexio da Capela, as profes decidiron que nós tamén. Para nós visitar o colexio dos maiores é sempre unha experiencia. Tiñamos o cole todo para nós!!!
Primeiro que fixemos foi xuntarnos na biblioteca e presentarlles aos máis pequenos a Dominicus, o dragón da biblioteca, e a Douradiña, a fada de outono.


Despois das presentacións os nenos e nenas de cinco anos tiñannos preparados un espectáculo circense no patio cuberto. Cando os vimos chegar quedamos coa coba aberta!!!.



A función do circo comezou coa actuación de dous equilibristas, Martín Romero e Jorge que camiñaron con moita destreza pola corda floxa.



Os seguintes en actuar foron as parellas de malabaristas formados por Xoel e Gabriel e Andrea e Naiara que realizaron uns dificilísimos lanzamentos de pelota.



A continuación o espectáculo do grupo de equilibristas formado por Eneas e Saúl que realizaron uns desplazamentos polos bancos seguido de varios saltos mortais.



Non podían faltar os contorsionistas Noela, Carlota Teijo, Alejandro e Martín Rodríguez.





Deseguido viñeron as bailarinas Carlota Fernández, Noemí, Alicia e Noa acompañadas pola orquestra formada por Teresa, Endika, Lara e Daniela que nos deleitaron cos seus ritmos.




Nun circo que se precie non pode faltar un número de maxia e non ian ser menos. Os grandes magos Anxo e  Rubén tiveron que descubrir a un compañeiro, elexido ao chou, cos ollos tapados.



E para rematar o máis difícil todavía. A actuación estelar de Dominicus que atravesa un aro sostido por Borja e Sheila.


E o lanzamento dunha pelota cun stik axudado por Douradiña.




Despois do circo chegou o momento da merenda xa que tiñamos que coller folgos para realizar unha visita ao bosque de Douradiña a recoller follas.















Estivemos recollendo un montón de follas secas e buscando algún cogumelo pero non os atopamos ata que  Javi cando marchabamos atopou un grupiño de pequenos cogumelos.


E para rematar a xornada que mellor que felicitar a profe Andrea que estaba de aniversario.


Que día máis completo!!!

1 comentarios:

Ana Martinez dijo...

Menuda excursión! Vexo que o pasáchedes fenomenal. Seguro que queren voltar axiña. A miña noraboa para os artistas circenses que o fixeron fenomenal. Unha aperta.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.