ÚLTIMO MANDADO

6 feb. 2013


Hoxe o Entroido non puido baixar a Apelón pero chamou por teléfono para dar o recado de que mañá a cabeza temos que adornar.

MAIS MANDADOS

5 feb. 2013

Para mañá ademais de levar a gravata o Entroido pídenos que levemos pendentes e gafas.
 Viva o Entroido!!! 


OBRADOIRO DE ENTROIDO

Hoxe no cole realizamos cos pais e nais un obradoiro de entroido onde nos axudaron na realización dos disfraces. Pasamos unha hora moi divertida e entretida.



Moitas grazas pola vosa colaboración.

XA CHEGA O ENTROIDO!!!

4 feb. 2013

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Dende o cole dos maiores chegaron facendo un balbordo tremendo uns nenos cun entroido ao ombreiro.

Mirade que cara de susto temos!!!



Pasado este primeiro momento algúns nenos e nenas quixeron velo con mais tranquilidade e tocalo con algún que outro temor.


O Entroido veu para darnos un mandado:
PARA MAÑÁ CUNHA GRAVATA VIRÁS

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.