DÍA DA NAI

17 may. 2013


O primeiro domingo de maio celebramos o día da nai por iso decidimos confeccionar uns broches para agasallar as nosas nais.
Foi un traballo laborioso xa que o primeiro que tiñamos que facer era recortar fieltro e iso custounos bastante xa que para cortarlo é necesario ter unhas tesoiras que corten ben e as nosas cortan ben o papel pero o fieltro non. 



Despois decidir que adornos poñer. Tiñamos botóns e pompóns e para pegalos era necesario un pegamento de silicona que pringaba bastante. Tamén decidimos decoralos con purpurina.




Por último fixemos unha tarxeta que poñía MAMÁ e o noso nome para poder identificar os paquetiños onde ian os broches.

Esperamos que vos gustaran.

VOTO DE CHANTEIRO 2013

16 may. 2013


O vindeiro martes 21 de maio celebrarase a festa local do concello de Mugardos, disfrutade do día festivo e recordade que o luns 20 tampouco temos clase xa que é o día non lectivo elexido polo centro.

ANIVERSARIO DE ABRIL

8 may. 2013


No último día de abril cumpliu catro anos Sofía. Moitas felicidades!!!
Coma sempre no cole fixemos a festa de aniversario facéndolle un agasallo e soprando a nosa "tarta" e coma non pasándoo moi ben. 



EDUCACIÓN VIAL

1 may. 2013

O pasado 23 de abril realizamos unha visita didáctica ao parque de educación vial de Barallobre(Fene).
Foi unha saída moi peculiar xa que fomos en dous grupos. 
Mestras o segundo grupo esperabamos, as mestras prepararon un circuito no patio do cole no que practicamos un pouco.














Xa no parque  de educación vial, tamén dividíronnos en dos grupos. Mentras uns montaban en bicicletas , triciclos, monopatíns e coches, os outros estivemos moi atentos a un video de como respectar os sinais de tráfico e o importantes que son.






Unha cousa moi importante, antes de montar nos vehiculos tiñamos que poñer casco e chaleco.
Mirade que guapos!!!




E xa uniformados listos para disfrutar. Mirade o ben que o pasamos!!!




Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.