PLANTAMOS UN CARBALLO

16 sept 2013

En Alvarella regaláronnos un pequeno carballo e como en Apelón non temos onde plantalo decidimos subir a catro camiños.



Alí Martín, o conxerxe, xa nos tiña preparado o lugar e as ferramentas necesarias: un anciño grande, un anciño pequeno e unha pá pequena.



Con todo o necesario poñémonos o facer o burato.



Despois plantamos o carballo, botámoslle terra e Martín apretouna moi ben.



Por último faltábamos un pouco de auga.


Agora a esperar a que medre coma nós.
(Esta actividade a realizamos no mes de xuño.)

ALVARELLA

14 sept 2013

O pasado 3 de xuño realizamos a excursiónde fin de curso a Alvarella. Tiñamos moitas ganas de realizar esta visita didáctica, mirade as nosas caras no momento de sair.










Alí tiñannos preparados varios obradoiros.
O primeiro ao que fomos foi a elaboración de saquiños con herbas aromáticas, para iso fomos ao horto onde nos ensinaron o romero, a lavanda..












Cando xa recollemos as herbas de abondo confeccionanos os nosos sacos, para iso puxemos en cada pano trociños de herbas que estivemos partindo.




O segundo obradoiro foi xogar cun paracaídas. Foi unha experiencia moi divertida xa que fixemos tres xogos diferentes. O primeiro foi coller o paracaídas e movelo para que non caera unha pelota polo noso lado.








O segundo foi intentar meternos dentro e formar un gran cogumelo.






O último xogo era o do rato e o gato que consistía en atopar a un compañeiro que estaba dentro do paracaídas. Para que fose máis difícil tiñamos que non deixar de movelo.







De tanto xogo xa estabamos un pouco fatigados e chegou o momento de repoñer as nosas forzas. Mirade que formaliños.







Despois da comida chegou o último obradoiro a estampación das camisetas. O primeiro que fixemos foi colocar cada camiseta dentro dun papel de periódico para iso tivemos a axuda das profes.



O monitor ensinounos as follas que os nosos compañeiros recolleran polo monte. Follas de carballos, castiñeiros... ¡Que atentos estivemos as explicacións!.






E chegou o momento máis divertido pintar as follas e estampalas nas camisetas.








¡Que bonitas estaban todas elas secándose ao sol!.

Chegou o momento de marchar. Despois dunha xornada tan intensa algúns estaban tan cansos que se quedaron durmidos no autobús.








Foi unha xornada moi divertida para todos.



Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.