DEREITOS DOS NENOS E NENAS

20 nov. 2013

Hoxe 20 de novembro celébrase o día internacional da declaración dos dereitos da infancia.
Nós despois de ver o video da canción que xa aprendimos o ano pasado fixemos un mural tratando o dereito a ter un nome. Mirade que ben nos quedou!!! 



O PRINCIPE E O PARRULO

18 nov. 2013


O día 13 de novembro fixemos a primeira saída fora do concello. Fumos a Narón a ver obra de teatro "O príncipe e o parrulo". 




O MAGOSTO 2013

17 nov. 2013

O venres 8 de novembro celebramos o Magosto no cole dos maiores. Sempre que imos ao cole de catro camiños facemos un montón de cousas. 
O primeiro foi colorear unhas castañas para decodar os nosos cucuruchos e poñelos mais bonitos para poder meter neles as castañas.











Cando xa rematamos os nosos cucuruchos nada mellor que visitar unha exposición de cabazas feitas polos nenos e nenas maoires. Que chulas!!!



Despois na biblioteca, e tras unha eleción democrática, vimos uns videos de Caillou e dos teletubbies. E como xa estabamos un pouco cansos de estar sentados un pouco de movemento co rap do magosto.


 

Cada vez mais preto de comer as castañas pero antes tiñamos que estar preparados para a festa pintando as nosas caras.









E xa chegou o momento tan esperado durante toda a mañá. As ricas castañas!!!







FACENDO OS NOSOS COLARES

12 nov. 2013

O día anterior a celebrar o Magosto fixemos no cole uns colares de castañas cocidas. O primeiro que tiñamos que facer era contar 12 castañas para o noso colar. 


Cando xa tiñamos as castañas necesarias, o fío e a agulla puxémonos mans á obra.








Mirade que ben nos quedaron!!!


VISITA DE DOURADIÑA E DOMINICUS

11 nov. 2013

Un grupo de nenos e neas de cinco anos viñeron a facernos unha visita acompañados de Douradiña e Dominicus para anunciarnos a festa do magosto e convidarnos a facer uns colares de zonchos como preparativo. Si pinchades na imaxe podedes ver a función que tiña cada un deles.

http://unrecantoconencanto.blogspot.com.es/2013/11/visitamos-as-clases-de-catro-e-tres-anos.html


Déixovos as fotos da súa visita.





O conto que fixo Saúl coa súa nai gustounos moito, non o temos coas súas voces pero aquí o tedes grazas a miña amiga Ana Martínez e o seu blog AulaTic.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.