ABRIL, CONTOS MIL...

5 may 2014

Durante o mes de abril realizamos varias actividades relacionadas co libro.
Convidamos as familias a que nos contaran contos e Carolina, a mamá de Sofía, contounos "Blancanieves" axudada pola súa filla e "Quién dijo muuu? axudada tamén por Carmen.
Como vedes lles gusta moito que lles conten contos por iso si vos animades podedes vir a contarllos só tedes que avisar a profe.





Ademáis trouxeron uns agasallos feitos por elas e por Camila. Moitas grazas.


Para conmemorar o día do libro infantil tivemos unha sesión de contacontos realizada por Bea a nai de Saúl de 5 anos. Nesta ocasión contounos o conto "A figueira de Pelostortos". Parece unha contacontos profesional!!!





Tamén os compañeiros de Catro camiños viñeron a contarnos contos, Paola e María de 6º de Primaria prepararon o conto "Un pesadelo no meu armario".








Elas tamén trouxeron un agasallo: un espantapesadelos que decoramos despois na clase.


Para rematar o mes de abril que mellor que facelo coa festa do libro que celebramos o día 23. Nesta ocasión os nenos e nenas de 5º e 6º baixaron a Apelón e todos xuntos vimos o video "Los fantásticos libros voladores", curtametraxe gañadora dun Oscar ao mellor curto animado 2012.






E despois que mellor que contarnos un conto.








0 comentarios:

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.