PROGRAMA DE RADIO

16 dic 2014

Este ano participamos nunha nova actividade que consiste na gravación dun programa de radio coa colaboración da A.N.P.A.. Na elaboración do guión do programa radiofónico participou todo o alumnado do centro, dende infantil ata 6º de primaria. O tema que tratamos foi o Magosto. A nosa intención era emitila nunha emisora pero non foi posible por pasarnos un pouco nas datas. Esperamos repetir a experiencia con outros temas e mellorar cara o futuro.


Cando festexamos o Magosto no cole fixemos unha actuación para os nosos compañeiros das poesías que tiñamos preparadas para o programa de radio. Aquí tedes os vídeos. 

 



Non podo deixar de subir o video dos nenos e nenas de primeiro que tiñan preparada unha canción.


2 comentarios:

O Lar dos Pitufos dijo...

¡GRAN TRABAJO! Desde O Lar dos Pitufos os deseamos felices fiestas y lo mejor para el próximo año!!

https://www.youtube.com/watch?v=VuLEezehjY4

PITUFI-BESOS!! :-)

Ana Martínez dijo...

Que ben o fixeron!!!!!!! Unha aperta.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.