O 19 de decembro, no cole de Catro Camiños tivemos unha xornada chea de actividades. Organizado pola A.N.P.A tiñamos a actuación do Mago Román. Pero mentres esparabamos a que chegara a hora da súa actuación os nenos e nenas da clase de 5 anos cantamos o villancico "El burrito Sabanero" que é un dos nosos preferidos e que este ano o profe de música, Victor, ensinounos unha coreografía moi chula.
Despois escribimos as nosas cartas a Papá Noel.
Por fin chegou a actuación do Mago Román, que nos deixou a grandes e a pequenos coa boca aberta co su espectáculo.
Tocou repoñer forzas e que mellor que degustar productos típicos de Nadal.
E xa chegou a hora de darlle as nosas cartas a Papa Noel.
1 comentarios:
SEn dúbida unha gran xornada. Vese que disfrutaron moitísimo. Espero que tivésedes un bo comezo de trimestre. Unha aperta.
Publicar un comentario