FESTA DE ENTROIDO

28 feb. 2014

Hoxe celebramos a festa do Entroido no cole e como non podiamos sair a rúa porque chovía decidimos facer un desfile na clase, mirade que guapos estabamos.


















Para continuar coa festa nada mellor que unha merendola con orellas, freixos, rosquillas, torradas...




VACACIÓNS DE ENTROIDO

Recordade que as clases reanúdanse o xoves 6 de marzo.

PREPARADOS PARA O ENTROIDO

27 feb. 2014

Xa cumprimos con todos os mandados do Entroido, só nos falta o último vir mañá disfrazados do que máis nos guste e disfrutar da festa. 





Como vedes non estamos en Apelón, hoxe estivemos nun obradoiro de barro no cole dos maiores. Xa vos ensinaremos as fotos. Pasámolo moi ben!!!

VENRES DE ENTROIDO


O venres 28 de febreiro imos celebrar a festa de Entroido no cole. Os nenos e nenas poderán vir disfrazados da casa como queiran, e por suposto, estades todos invitados á merenda a partir das 12h.
Viva o Entroido!!!

DESFILE DE DISFRACES

Por motivos metereóloxicos o desfile de disfraces queda aplazado ata o vindeiro venres 7 de marzo. Si queredes acompañarnos ese día polas rúas de Mugardos vide disfrazados. Animarvos!!!

MANDADO PARA MAÑÁ

26 feb. 2014

Xa vén aí o xoves...
e para ese día, viremos con todo o anterior, engadindo ademais un mandil multicolor. 
Mirade que favorecidos viñemos hoxe.


 

PREPARANDO O NOSO DISFACE

Onte pola tarde estiveron os pais e nais preparando os disfraces que imos levar no Entroido e hoxe tocounos a nós rematalos. 
O primeiro que fixemos foi pegar estreliñas nos petos e como tiñamos que esperar a que secaran puxémonos a decorar as gravatas.






Para rematar o disfrace tiñamos que colocar a flor e os petos no seu sitio. Os nenos e nenas teñen unha maña para sacar o papeliño da goma eva que case non me daban tempo para sacar as fotos.

MÁIS MANDADOS

25 feb. 2014

Mirade con que pintas chegamos hoxe ao cole, cousas do Entroido.




E para mañá máis. O Entroido non puido baixar así que lle deixou a profe Pili o mandado e os nenos e nenas de cinco anos viñeron a nosa clase para informarnos de que teremos que traer a cabeza adornada.




CHEGOU O ENTROIDO

24 feb. 2014

Hoxe cando saiamos ao recreo sucedeu que comezamos a escoitar un gran balbordo, a que non sabedes que era o que acontecía. Pois eran nin mais min menos que os nenos e nenas de Catro Camiños que acompañaban ao Entroido que viña a traer os mandados. 
Para mañá temos que ir moi elegantes ao cole con gravata e gafas de sol.



ANIVERSARIOS DE FEBREIRO



Faltan  poucos días para rematar o mes e dous dos nosos compañeiros xa cumpliron cinco anos.  Daniela os cumpliu o día 2 e Javier o pasado venres. Como esta semama a temos moi atarefada decidimos facer a festa de aniversario o venres.

MOITAS FELICIDADES!!!  
XA TEDES 5 ANOS!!!

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.