Aquí tedes mais xogos para seguir aprendendo sobre o corpo humano.
PREPARANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
15 may 2014
Durante esta semana estamos a traballar a figura de Xosé María Díaz Castro homenaxeado este ano no Día da Letras Galegas.
Para saber sobre a súa vida utilizamos a seguinte presentación realizada pola miña amiga Ana Martínez no seu blog Aula Tic.
Etiquetas:
Letras Galegas
CONCURSO DA NAI
14 may 2014
Só quedan dous días para que rematen as votacións no concurso do Día da Nai.
Solicitar amizade no facebook da Papelera Ferrolana buscar a nosa manualidade e darlle a "me gusta".
Etiquetas:
concurso dia da nai
ANIVERSARIOS MARZO E ABRIL
Queremos felicitar a os nosos compañeiros Lucas e Sofía que xa teñen 5 anos.
Moitas felicidades, xa tedes 5 anos!!!
Coma sempre o celebramos no cole soprando as candeas da nosa tarta.
Etiquetas:
aniversarios 2013-2014
CONCURSO DIA DA NAI
7 may 2014
Necesitamos a vosa axuda xa que participamos nun concurso.
Para iso tedes que solicitar amizade no facebook da Papelera Ferrolana buscar a nosa manualidade e darlle a "me gusta". Tedes ata o 16 de maio para votar. Pedirlle a todos os vosos amigos que nos voten, só os máis votados serán os gañadores.
Clicade na foto para ir ao seu facebook
Etiquetas:
concurso dia da nai
DÍA DA NAI
6 may 2014
O domingo 4 de maio celebramos o día da nai. Para agasallar as nosas nais fixemos este portaretratos.
Etiquetas:
Día da Nai
ABRIL, CONTOS MIL...
5 may 2014
Durante o mes de abril realizamos varias actividades relacionadas co libro.
Convidamos as familias a que nos contaran contos e Carolina, a mamá de Sofía, contounos "Blancanieves" axudada pola súa filla e "Quién dijo muuu? axudada tamén por Carmen.
Como vedes lles gusta moito que lles conten contos por iso si vos animades podedes vir a contarllos só tedes que avisar a profe.
Ademáis trouxeron uns agasallos feitos por elas e por Camila. Moitas grazas.
Para conmemorar o día do libro infantil tivemos unha sesión de contacontos realizada por Bea a nai de Saúl de 5 anos. Nesta ocasión contounos o conto "A figueira de Pelostortos". Parece unha contacontos profesional!!!
Elas tamén trouxeron un agasallo: un espantapesadelos que decoramos despois na clase.
Tamén os compañeiros de Catro camiños viñeron a contarnos contos, Paola e María de 6º de Primaria prepararon o conto "Un pesadelo no meu armario".
Elas tamén trouxeron un agasallo: un espantapesadelos que decoramos despois na clase.
Para rematar o mes de abril que mellor que facelo coa festa do libro que celebramos o día 23. Nesta ocasión os nenos e nenas de 5º e 6º baixaron a Apelón e todos xuntos vimos o video "Los fantásticos libros voladores", curtametraxe gañadora dun Oscar ao mellor curto animado 2012.
E despois que mellor que contarnos un conto.
Etiquetas:
Dia do libro 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)