CONSTELACIONES

17 nov. 2014

O día 10 de novembro realizamos a nosa primeira saída en autobús deste curso, foi ao teatro a Narón, nesta ocasión o grupo de danza Aracaladanza presentounos o espectáculo "Constelaciones" inspirado na obra de Xoan Miró.
Nos seguintes videos podedes ver parte do espectáculo.
 



 Cando chegamos ao cole que mellor que plasmar o que vimos.

















O MAGOSTO

16 nov. 2014

O pasado venres 7 de novembro celebramos a festa do Magosto no cole. Foi unha xornada chea de actividade.
O primeiro que fixemos foi xuntarnos cos compañeiros de primeiro e de segundo na biblioteca onde a profe Pili contounos un conto no que os protagonistas eran Douradiña e Dominicus e os seus amigos que ían a celebrar tamén un Magosto coma nós.




Era un conto moi especial xa que cada amigo de Douradiña levaba algo para a festa e os maiores realizaban uns puzzles cunhas pezas chamadas Tangram facendo o número correspondente.





Para rematar o conto aprendimos unha canción.

video

A seguinte actividade foi a realización duns xogos no patio cuberto.




Xa chegaba a hora de comer as castañas pero antes tiñamos que decorar os nosos cucuruchos.





E por fin as ansiadas castañas asadas. Que ricas!!!






COLARES DE ZONCHOS

10 nov. 2014

Como preparativo á festa do Magosto o pasado xoves 6 de novembro fixemos un obradoiro de colares de zonchos.
Aproveitamos para contar e traballar as decenas e facer sumas sinxelas. Primeiro contamos unha decena de castañas e como tiñamos que ter doce fixemos a pregunta ¿cantas castañas necesitamos? A resposta non tardou e rápidamente dixeron que necesitabamos dúas. 




Coas castañas xa listas quedaba o de enfialas. 








"COMECASTAÑAS"

6 nov. 2014

 Mañá celebraremos no cole o Magosto. Durante a semana estivemos traballando sobre as castañas e decidimos facer esta manualidade, un comecastañas. Mirade que chulos quedaron. 






Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.