VISITA DE PAPA NOEL

31 dic. 2014

O 19 de decembro, no cole de Catro Camiños tivemos unha xornada chea de actividades. Organizado pola A.N.P.A tiñamos a actuación do Mago Román. Pero mentres esparabamos a que chegara a hora da súa actuación os nenos e nenas da clase de 5 anos cantamos o villancico "El burrito Sabanero" que é un dos nosos preferidos e que este ano o profe de música, Victor, ensinounos unha coreografía moi chula.




Despois escribimos as nosas cartas a Papá Noel.





Por fin chegou a actuación do Mago Román, que nos deixou a grandes e a pequenos coa boca aberta co su espectáculo.







Tocou repoñer forzas e que mellor que degustar productos típicos de Nadal. 





E xa chegou a hora de darlle as nosas cartas a Papa Noel.











VISITA AO MERCADO

30 dic. 2014

O xoves 18 de decembro, despois de varios días de choiva, puidemos realizar a visita ao Mercado para primeiro ver no kiosco das palmeiras o Belen da asociación de comerciantes e despois facer un percorrido polos postos do mercado e ver a Papa Noel.

















Queremos darlle as grazas as xentes do mercado por esta actividade. 
Feliz ano 2015!!!

ADORNOS DE NADAL

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración cos adornos que fixeron para darlle o ambiente navideño ao noso cole. Mirade que cousas mais bonitas e orixinais.



















Como o espacio da entrada quedábase moi pequeno para apreciar os vosos traballos decidimos facer unha exposición con todos eles.











Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.