O pasado 30 de xaneiro xuntámonos todos na clase de psicomotricidade e vimos chegar a profe Pili cuns globos.Para que serian?
Pois claro, para celebrar o día da Paz.
O que fixemos foi escribir palabras relacionadas coa Paz para despois colocalas nos globos e soltalas para repartir polo Mundo. Nós non a soltamos ao ceo xa que pensamos que non queremos contaminar mais así que o fixemos na entrada do cole que ten un teito moi alto.
Tamén cantamos a cancion Campás pola paz do grupo Migallas Teatro do seu libro-disco Pan de Millo.
0 comentarios:
Publicar un comentario