Para agasallar aos nosos pais fixemos un corazón con sorpresa e un suxeita-papeis. Mirade como foi o proceso.
O primeiro foi escribir a mensaxe secreta.
Despois recortar
A profe púxolles forro transparente e os pintamos cunha mestura de deterxente e témpera. Que ben ulía!!!
Mentres os deixabamos secar tocaba facer os sexeita-papeis.
Con pasta de modelar fixemos as figuras e lles colocamos un pincho cunha pinza.
Cando secaron, os pintamos.
Despois os decoramos con purpurina e aquí tedes o resultado.
Recordade que para ver a mensaxe secreta teredes que rascar cunha moeda.
1 comentarios:
Que preciosidade de regalo e que orixinal! Encántame a idea e gárdoa para outra ocasión. Unha aperta e boa finde.
Publicar un comentario