Como cada fin de mes toca festa de aniversario, nesta ocasión foron Diego e Jinema os protagonistas.
Moitas felicidades para os dous!!!
E imos ver como cambiaron dende que celebraron o seu primer aniversario no cole de maiores.
Como cada fin de mes toca festa de aniversario, nesta ocasión foron Diego e Jinema os protagonistas.
Moitas felicidades para os dous!!!
O 13 de maio inauguramos no cole unha exposición cedida polo I.E.S Fernando Esquío de Neda relativa a historia do libro.
Como na primavera é o momento de sementar nós fixemos unha pequena plantación cuns kits do Lidl que están moi ben para espacios pequenos e que foron todo un éxito xa que sairon todas as plantas.
Tiñamos tres kits: un de flores, outro de herbas e outro de verduras. Cada kit tiña catro sobres coas sementes, marcadores e uns saquiños de plástico.
O primeiro que tiñamos que facer era transformar unha plancha dura en terra na que plantar e para iso había que botarlle auga e de maneira máxica xa tiñamos a terra que realmente é coco.