CONTACONTOS

15 jun. 2015

Xa sabedes que unha das cousas que máis nos gusta é que nos conten contos e si noslos contan os nosos pais e nais, avoas e avós ou alguén da nosa familia e ademáis no cole moito mellor. 
Desta banda foron a nai de Naiara de tres anos (Vanesa), a avoa de Icía de cinco anos(Dolores) e os pais de Candela de tres anos (Óscar e Tabi)


Vanesa contounos O Pito Cairo da editorial Kalandraka. Se pinchades no conto o podedes ver un resumo.

http://issuu.com/kalandraka.com/docs/o-pito-cairo-g/1?e=4311459/8142380




Moitas grazas Vanesa por agasellarnos cuns Pitos Cairo.

Dolores contouno dous contos A casa dos gatos da editorial Kalandraka e Pinocho y la ballena dunha colección de Disney.




Moitas grazas a Dolores por deixarnos por uns días os contos no cole.

Óscar e Tabi contáronnos o conto A que sabe a Lúa da editorial Kalandraka. Si pinchades no conto podedes escoitalo e facer actividades relacionadas con el.
 
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/AQUESABEALUA/aquesabealua.html

Foi un contacontos moi especial xa que fixeron unha especie de titeres cos personaxes do conto e Óscar trouxo o seu ukulele. Parecian contacontos profesionais.




Agradecerlles aos catro pola súa colaboración para realizar esta actividade.

2 comentarios:

Ana Martinez dijo...

Se ve que disfrutaron moitísimo con todos os contos. Que sorte poder contar con familias tan colaboradoras! Unha aperta.

Anónimo dijo...

Un pracer que contedes con nos. Boas vacas. Tabi(nai de Cande)

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.