FACENDO O DISFRACE

26 feb. 2015

Este ano decidimos ir disfrazados de personaxes de contos e como somo moitos que mellor que ir de Dálmatas. Non eramos 101 pero 49 Dálmatas xa fan.

Na confección dos disfraces axudarónnos, coma sempre, as nais ( nesta ocasión os pais non puideron) nun obradoiro organizado pola profe. Mirade canto recortaron. Moitas grazas a todas pola vosa colaboración.





 Coma podedes ver ao fundo estaba unha silla de bebe. Non é parte do proxecto que estamos a traballar era Jorge o irmán de Jimena que veu coa súa nai con tan só 15 días.


O noso traballo no disfrace era facer as medallas  e as orellas.
Nas medallas tiñamos que facer o número que nos correspondía con gomets pero antes traballamos os números, cales tiñamos que poñer, como se formaban esos números, contamos...






Para facer as orellas tiñamos que pintar as tiras e despois as orellas.





















E xa estabamos preparados para celebrar a festa de Entroido que tivemos que aprazar unha semana.

ÚLTIMO MANDADO

12 feb. 2015

Hoxe tamén cumprimos o mandado do Entroido. Cada vez estabamos máis guapos.





Cando pensabamos que xa non tiñamos máis mandados empezamos a escoitar o seu balbordo pero levamos unha sorpresa ao ver aos nenos e nenas de tres anos. Eles foron o encargados de dicirnos que mañá temos que vir disfrazados e traer larpeiradas (orellas, filloas, rosquillas...) para a merenda. 






Recordade que por mor do mal tempo queda aprazado o desfile polas rúas para o vindeiro venres 20 de febreiro.
Disfrutade do Entroido!!! 

OUTRO MANDADO!!!

11 feb. 2015

Hoxe todos cumprimos o mandado do Entroido. Mirade que guapos e guapas viñemos ao cole.




Cando estabamos na clase de música escoitamos vir aos compañeiros de primaria a informarnos do mandado para mañá. Dende logo estos foron menos ruidosos e xa non nos asustamos.





Para mañá teremos que engadirlle ao de hoxe, é dicir ao mandil e gravata, unhas gafas de sol e o pelo adornado.
Seguimos disfrutando da festa!!!

OS MANDADOS

10 feb. 2015

Hoxe tivemos unha visita moi esperada ainda que para algún pouco agradable polo balbordo que facía. Sabedes quen foi? Pois os nenos e nenas de primaria trouxeron ata Apelón ao Antroido e para que nos enteraramos viñan tocando todo tipo de instrumento de percusión. Fixádevos nas caras de susto de algún.






Moi atentos escoitamos o mandado para mañá:
Mandil e gravata teremos que traer.
 



Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.