ANIVERSARIOS DE MAIO

31 may. 2015

Como cada fin de mes toca festa de aniversario, nesta ocasión foron Diego e Jinema os protagonistas.

Moitas felicidades para os dous!!!





E imos ver como cambiaron dende que celebraron o seu primer aniversario no cole de maiores.



EXPOSICIÓN HISTORIA DO LIBRO

29 may. 2015

O 13 de maio inauguramos no cole unha exposición cedida polo I.E.S Fernando Esquío de Neda relativa a historia do libro.










 




Unha das cousas que máis chamou a nosa atención foi a escritura Baille. Todos quixemos tocar esos libros tan brancos e cheos de puntiños.






Como xa estabamos moi preto do día das Letras Galegas os nenos e nenas de segundo acompañados polos de quinto interpretaron a canción O Cuco.







UN XARDÍN NO COLE

28 may. 2015

Como na primavera é o momento de sementar nós fixemos unha pequena plantación cuns kits do Lidl que están moi ben para espacios pequenos e que foron todo un éxito xa que sairon todas as plantas.
Tiñamos tres kits: un de flores, outro de herbas e outro de verduras. Cada kit tiña catro sobres coas sementes, marcadores e uns saquiños de plástico.

O primeiro que tiñamos que facer era transformar unha plancha dura en terra na que plantar e para iso había que botarlle auga e de maneira máxica xa tiñamos a terra que realmente é coco.








Despois tocaba escribir o nome da planta que nos tocou.








Como tiñamos varios tipos de sementes realizamos comparacións: cales eran grandes, pequenas, as máis grandes, as máis pequenas. Tamén as contamos, as que se podian contar, as repartimos entre os que as tiñan que plantar.


 





Despois de facer tantas cousas coas sementes tiñamos que plantalas.









E xa por último coidalas todos os días.






Como fixemos todo moi ben mirade o resultado.





Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.