Xa pasaron nove meses dende que empezamos esta andaina todos xuntos. Os primeiros tempos foron un pouco difíciles pero pasando o tempo todo se foi solucionando. Tanto os nenos e nenas coma eu aprendimos moitas cousas e agora chega o momento de descansar para así repoñer forzas para o curso que ven.
FELICES VACACIÓNS
30 jun 2017
FESTIVAL FIN DE CURSO
29 jun 2017
Como cada ano preparamos un festival de fin de curso. Nesta ocasión todos os nenos e nenas de infantil bailamos e cantamos a canción Non quito o chandal, adaptación do tema do grupo Novedades Carminha.
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
28 jun 2017
O pasado 20 de xuño tiñamos prevista a excursión de fin de curso ao Parque temático Aldea Nova pero non foi posible por mor dunha folga de autobuses. Como non iamos a quedar sen pasar unha xornada de convivencia decidimos ir a un parque. Mirade as nosas caras de ledicia por ir de excursión.
Despois de tanto xogo tiñamos que repoñer forzas.
Foi unha xornada moi divertida ainda que un pouco calorosa.
PROXECTO RÍO EUME
26 jun 2017
Durante todo o curso estivemos participando no proxecto de centro No corazón do bosque coma homenaxe a Agustín Fernández Paz.
No mes de abril xuntámonos os nenos e nenas de infantil cos de primeiro e segundo de primaria para investigar sobre o río Eume.
O primeiro que fixemos foi preguntarnos: que sabemos? Nunha xuntanza colectiva demos resposta a esta pregunta e a profe Pili foi anotando todas as nosas aportacións.