EXCURSIÓN AO CASTELO DE MOECHE

5 jun 2017

No mes de maio realizamos unha excursión moi especial non só polo sitio a onde íamos, o Castelo de Moeche, senon como fumos ademais de bus utilizamos o tren. Para varios dos nenos e nenas era a primeira vez que viaxaban e estaban un tanto nerviosos. 
Primeiro subimos ao bus...












que nos levou ata a estación do tren de Ferrol...



A profe Pili mercou o billete para poder subir ao tren e xa nos deixaron acceder aos andéns...



Vimos como chegaban os trens e tivemos que esperar a que chegara o noso que se situaría no anden número 7.E coma non aproveitamos para traballar os números buscando o número correspondente




Cando íamos a subir ao tren apareceu unha muller vestida dunha maneira especial 

era a Xefa de Estación que é que lle da permiso ao tren para sair.

E xa chegou o momento de subir ao tren












Durante a viaxe apareceu otra muller:a Revisora que se encarga de pedirlle os billetes aos viaxeiros e si carecen del teñen que baixarse do tren.

E xa chegamos a estación de Moeche, que era moi distinta á de Ferrol. Alí o Maquinista do tren observou coma baixabamos do tren.




E nós lle dixemos adeus ao tren que continuaba viaxe ata Ribadeo.

Volvimos a subir ao bus para chegar ao Castelo e como ainda non era a hora de apertura aproveitamos para merendar.


Despois de repoñer  forzas tivemos que subir ata o Castelo, menos mal que merendamos antes porque a subida costa un pouco




Alí ensináronnos un montón de cousas.
Ao redor do Castelo hai un foso para que non se poidera entrar con facilidade


Nas paredes do Castelo hai varios escudos das familias donas del.

Chegou o momento de entrar no Castelo




Sabíades que as ventás eran moi pequenas por fora e moi grande por dentro que ata  podíamos meternos dentro delas...




 Estivemos moi atentos as explicacións
E mirade ata onde subimos



0 comentarios:

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.