No mes de maio realizamos unha excursión moi especial non só polo sitio a onde íamos, o Castelo de Moeche, senon como fumos ademais de bus utilizamos o tren. Para varios dos nenos e nenas era a primeira vez que viaxaban e estaban un tanto nerviosos.
Primeiro subimos ao bus...
que nos levou ata a estación do tren de Ferrol...
A profe Pili mercou o billete para poder subir ao tren e xa nos deixaron acceder aos andéns...
Vimos como chegaban os trens e tivemos que esperar a que chegara o noso que se situaría no anden número 7.E coma non aproveitamos para traballar os números buscando o número correspondente
Cando íamos a subir ao tren apareceu unha muller vestida dunha maneira especial
era a Xefa de Estación que é que lle da permiso ao tren para sair.
E xa chegou o momento de subir ao tren
Durante a viaxe apareceu otra muller:a Revisora que se encarga de pedirlle os billetes aos viaxeiros e si carecen del teñen que baixarse do tren.
E xa chegamos a estación de Moeche, que era moi distinta á de Ferrol. Alí o Maquinista do tren observou coma baixabamos do tren.
E nós lle dixemos adeus ao tren que continuaba viaxe ata Ribadeo.
Volvimos a subir ao bus para chegar ao Castelo e como ainda non era a hora de apertura aproveitamos para merendar.
Despois de repoñer forzas tivemos que subir ata o Castelo, menos mal que merendamos antes porque a subida costa un pouco
Alí ensináronnos un montón de cousas.
Ao redor do Castelo hai un foso para que non se poidera entrar con facilidade
Chegou o momento de entrar no Castelo
Sabíades que as ventás eran moi pequenas por fora e moi grande por dentro que ata podíamos meternos dentro delas...
E mirade ata onde subimos
0 comentarios:
Publicar un comentario