MAIO: UN CONTO TRAS OUTRO

7 jun 2017

O mes de maio estivo cargado de actividade na nosa biblioteca, ademais de homenaxear a Carlos Casares co contacontos de A Galiña Azul tivemos outros.

Veunos a visitar Anxo Moure que nos fascinou contándonos historias das Fragas do Eume e do importante que é consevar o noso entorno.















Cando volvíamos para a nosa clase vimos marchar a Anxo, e sabedes en que marchou? Nunha bicicleta chamada Gloria!!!


Outro conto foi o de Gato Sol que os nenos de 5º de primaria(Álvaro, Iker, Bryan e Telmo) prepararon nun formato especial o kamishibai que en xaponés quere dicir "teatro de papel"






Tamén os nenos e nenas de 1º de primaria de valores representaron a obra de teatro Riciños de Ouro.






Dende logo foi un maio moi cultural.

0 comentarios:

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.