O mes de maio estivo cargado de actividade na nosa biblioteca, ademais de homenaxear a Carlos Casares co contacontos de A Galiña Azul tivemos outros.
Veunos a visitar Anxo Moure que nos fascinou contándonos historias das Fragas do Eume e do importante que é consevar o noso entorno.
Cando volvíamos para a nosa clase vimos marchar a Anxo, e sabedes en que marchou? Nunha bicicleta chamada Gloria!!!
Outro conto foi o de Gato Sol que os nenos de 5º de primaria(Álvaro, Iker, Bryan e Telmo) prepararon nun formato especial o kamishibai que en xaponés quere dicir "teatro de papel"
0 comentarios:
Publicar un comentario