O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. Este ano cúmplese o 180 aniversario do seu nacemento e para homenaxeala dende a biblioteca do cole propoñen a seguinte actividade:
Cada neno e nena decorará a flor que levaron para casa cos versos que máis vos gusten da escritora.As flores terán que estar no cole o xoves 2 de marzo.
O venres 3 de marzo celebraremos na biblioteca do cole unha xornada dedicada a Rosalía con cancións, lecturas, videos, representacións...
E para rematar o día faremos un intercambio dos poemas(das flores feitas polos nenos e nenas)
Vos preguntaredes como fixemos as margaridas, pois coa axuda dos nenos e nenas de quinto de primaria.
DIA DE ROSALÍA
24 feb 2017
MENUDAS CABEZAS
23 feb 2017
Como xa sabedes levamos unha semana de tolos cos mandados do Meco. Mirade que guapos nos puxemos hoxe...
E mañá xa chega o día grande do desfile polas rúas de Mugardos para que vexan os nosos disfraces de trasnos que fixemos no cole coa a axuda dos pais e nais. VIVA O ENTROIDO!!!
AO COLE EN PIXAMA!!!
22 feb 2017
Hoxe todos fomos ao cole en pixama, non pensedes que estamos tolos e outro dos mandados do Meco.
Para mañá outra vez en pixama e coa cabeza adornada.
TODOS DO REVÉS
21 feb 2017
Coma somos moi ben mandados todos e todas viñemos hoxe ao cole coa roupa do revés.
Para mañá o Meco mándanos vir en pixama.
PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO
20 feb 2017
Xa está proxima a festa do Entroido e para ir preparándoa chegou hoxe ao cole O Meco que durante esta semana irá facendo mandados para que todos os nenos e nenas vaian collendo gusto a disfrazarse.
ANIVERSARIOS DE XANEIRO
17 feb 2017
No mes de xaneiro estiveron de aniversario Uxío, Juan Fernández Martínez, Aldara e Valeria González. Moitas felicidades aos catro, sodes os maiores da clase.
CELEBRACIÓN DO NADAL
16 feb 2017
Unha das entradas que me faltaban por publicar era a da celebración do Nadal.
Para ese día tiñamos que vir todos guapos e guapas coas nosas mellores galas. Mirade que elegantes estabamos...
Para celebrar que marchabamos de vacación fixemos unha merenda cos productos tipicos destas datas.
E como non estariamos xuntos para dar a benvida ao ano novo fixemos unha simulación das doce badaladas onde en lugar de uvas tomamos doce gusanitos. Algún non aguantou os cuartos e tomounos dunha vez..
E para rematar a xornada festiva que mellor que recibir as súas maxestades Os Reis Magos de Oriente.