Que mellor para alegrarnos o día que o sorriso dos nenos e nenas, pois aquí os tedes...
E para compartir a nosa felicidade colocamos uns carteis para que colleran un sorriso e facerlles o día máis feliz.
FELIZ DÍA !!!
Xa remata o inverno e nós para decorar o cole durante esta estación fixemos un mural. Antes de facelo estivemos falando sobre o que viamos no debuxo. Por que levaba esa roupa o neno, que había no chan e contaron as súas experiencias.
Despois tocou poñernos mans a obra, o primeiro que fixemos foi pintar con ceras o neno e o muñeco de neve.
Sabedes que dende a clase de música nos propoñen una viaxe musical para coñecer diferentes estilos.
Aos nenos de cinco anos tocoulles música mugardesa e despois de buscar e buscar atoparon a Sofía Espiñeira, gustoulles tanto a súa música que contactouse con ela e o día 8 de marzo visitounos para facernos un pequeno concerto.