PROXECTO RÍO EUME

26 jun. 2017

Durante todo o curso estivemos participando no proxecto de centro No corazón do bosque coma homenaxe a Agustín Fernández Paz. 
No mes de abril xuntámonos os nenos e nenas de infantil cos de primeiro e segundo de primaria para investigar sobre o río Eume.
O primeiro que fixemos foi preguntarnos: que sabemos? Nunha xuntanza colectiva demos resposta a esta pregunta e a profe Pili foi anotando todas as nosas aportacións.






Despois preguntámosnos que queremos saber?. Nesta ocasión foi a profe Ruth a que anotou as nosas inquedanzas.


Agora tiñamos que aportar información para dar resposta a estas preguntas e coa colaboración das nosas familias trouxemos ao cole un montón.



Con todo este material tivemos que organizarnos e a nós tocounos os animais que habitan nas fragas do río Eume. 



Para coñecer estos animais a profe leunos a información que atopou no material aportado e fixemos uns puzzles coas súas fotos. 







Como xa sabiamos características dos animais traballados fomos a contarllo aos nosos veciños de catro anos.











BUSCADORES DE TRIÁNGULOS

Agora coma buscadores tocounos atopar pola nosa contorna obxectos de forma de triángulo e este foi o resultado.




















Pola nosa intensa búsqueda de formas xeométricas obtivemos o carnet oficial.




Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.