DÍA DA FELICIDADE

20 mar. 2017

O día 20 de marzo conmemórase o día internacional da felicidade. Dende 2013 as Nacións Unidas celebran este día como recoñecemento do importante papel que desempeña a felicidade na vida das persoas de todo o mundo. 
Que mellor para alegrarnos o día que o sorriso dos nenos e nenas, pois aquí os tedes...

















E para compartir a nosa felicidade colocamos uns carteis para que colleran un sorriso e facerlles o día máis feliz.









FELIZ DÍA !!!

REMATA O INVERNO

Xa remata o inverno e nós para decorar o cole durante esta estación fixemos un mural. Antes de facelo estivemos falando sobre o que viamos no debuxo. Por que levaba esa roupa o neno, que había no chan e contaron as súas experiencias.

Despois tocou poñernos mans a obra, o primeiro que fixemos foi pintar con ceras o neno e o muñeco de neve.








Con coidado de non pintar os debuxos fixemos o fondo con tempera...





E este foi o resultado

SOFÍA ESPIÑEIRA

17 mar. 2017

Sabedes que dende a clase de música nos propoñen una viaxe musical  para coñecer diferentes estilos. 

Aos nenos de cinco anos tocoulles música mugardesa e despois de buscar e buscar atoparon a Sofía Espiñeira, gustoulles tanto a súa música que contactouse con ela e o día 8 de marzo visitounos para facernos un pequeno concerto.




Como somos uns verdadeiros fans decidimos facerlle un agasallo e para iso xuntámonos todos na clase de catro e decoramos unha guitarra xa que é o instrumento que ela toca.




A profe Ruth mollaba o papel cun esprai e nos facíamos puntos con rotoladores..






Tamén esparcimos confeti...


E chegou o momento da súa actuación. 


Mirade que caras tiñamos de abraiados. A música en directo gustamos moito.



 chegou o momento da darlle o noso agasallo.

Despois da actuación chegou o momento de entregarlle o noso agasallo.

Moitas grazas Sofía pola túa visita.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.