FELICES VACACIÓNS

30 jun. 2017

Xa pasaron nove meses dende que empezamos esta andaina todos xuntos. Os primeiros tempos foron un pouco difíciles pero pasando o tempo todo se foi solucionando. Tanto os nenos e nenas coma eu aprendimos moitas cousas e agora chega o momento de descansar para así  repoñer  forzas para o curso que ven.


FESTIVAL FIN DE CURSO

29 jun. 2017

Como cada ano preparamos un festival de fin de curso. Nesta ocasión todos os nenos e nenas de infantil bailamos e cantamos a canción Non quito o chandal, adaptación do tema do grupo Novedades Carminha.



Como os nenos e nenas de tres anos somos uns verdadeiros músicos tamén interpretanos "El reloj sincopado" de Leroy Anderson.





EXCURSIÓN FIN DE CURSO

28 jun. 2017

O pasado 20 de xuño tiñamos prevista a excursión de fin de curso ao Parque temático Aldea Nova pero non foi posible por mor dunha folga de autobuses. Como non iamos a quedar sen pasar unha xornada de convivencia decidimos ir a un parque. Mirade as nosas caras de ledicia por ir de excursión.



















Despois de tanto xogo tiñamos que repoñer forzas.





Foi unha xornada moi divertida ainda que un pouco calorosa.

PROXECTO RÍO EUME

26 jun. 2017

Durante todo o curso estivemos participando no proxecto de centro No corazón do bosque coma homenaxe a Agustín Fernández Paz. 
No mes de abril xuntámonos os nenos e nenas de infantil cos de primeiro e segundo de primaria para investigar sobre o río Eume.
O primeiro que fixemos foi preguntarnos: que sabemos? Nunha xuntanza colectiva demos resposta a esta pregunta e a profe Pili foi anotando todas as nosas aportacións.






Despois preguntámosnos que queremos saber?. Nesta ocasión foi a profe Ruth a que anotou as nosas inquedanzas.


Agora tiñamos que aportar información para dar resposta a estas preguntas e coa colaboración das nosas familias trouxemos ao cole un montón.



Con todo este material tivemos que organizarnos e a nós tocounos os animais que habitan nas fragas do río Eume. 



Para coñecer estos animais a profe leunos a información que atopou no material aportado e fixemos uns puzzles coas súas fotos. 







Como xa sabiamos características dos animais traballados fomos a contarllo aos nosos veciños de catro anos.











Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.