UN CONTO EN INGLÉS

20 jun. 2017

O pasado xoves Dominicus avisounos de que tiñamos un contacontos na biblioteca e cal foi a nosa sorpresa de que era en inglés. Temos que agradecerlles a asociación Cultural Apelón e a Victoria por preparar esta actividade.




ANIVERSARIOS XUÑO

19 jun. 2017

No mes de xuño están de aniversario David, Marco e Xabi. Como a última semana de clases a temos moi atarefada, que si excursión, entrega de notas e festival, e eles xa cumpliron os anos o pasado venres fixemos a festa no cole. Moitas felicidades aos tres!!!!







XA TEDES 4 ANOS!!!

GUSANOS DE SEDA

15 jun. 2017

Coa chegada da primavera chegaron a nosa clase os gusanos de seda. Realmente ao principio eran tan pequeniños que nos lles faciamos moito caso pero foron comendo follas de moreira e cada vez fixéronse máis grandes e xa os podiamos coller.













Un día cando os fomos a ver había unha bola na caixa dos gusanos, que estaba a pasar? Pois que un gusano fixo unha casiña que se chama casulo onde vai a tranformarse en bolboreta.

Xa temos varios casulos e agora temos que esperar entre dúas ou tres semanas para que saian as bolboretas. Esperemos ter sorte e poder velas antes de que remate o cole.

ANIVERSARIOS DE MAIO

13 jun. 2017

No mes de maio estivo de aniversario Juan Fernández Muíños pero todos o chamamos Juanito porque hai outro Juan na clase. Moitas felicidades!!!



XA TES 4 ANOS!!!



BUSCADORES DE CADRADOS

12 jun. 2017

Coma xa sabedes somos uns auténticos buscadores de formas xeométricas e desta vez buscamos cadrados pola nosa contorna e atopamos un montón, mirade...





















Como todos saben que nos gustan moito os círculos e os cadrados as nenas de 6º de primaria prepararon unha adaptación do conto "Por cuatro esquinitas de nada" de Jérôme Ruillier.
Lola foi a encargada de contarnos o conto coa axuda de Carolina.



Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.