POSTRES TÍPICOS INGLESES

6 abr. 2017

Os nenos e nenas de primaria estiveron traballando en inglés os postres típicos destas datas, para o cal fixeron unha degustación destas lambetadas e hoxe xuntámonos para unha merendola.












Coma nós temos inglés os xoves aproveitamos para facer un biscoito coa axuda do "teacher Iván". Aprendimos un montón de vocabulario.
















Para facer un biscoito especial para a ocasión decidimos engadirller unha pingas de colorante.




Temos que agradecerlles ás familias de primaria pola súa colaboración na elaboración destes postres.

BUSCANDO OVOS

5 abr. 2017

Hoxe fixemos unha actividade que nos gustou moito, xuntámonos todos no campo para atopar os ovos de chocolate que o coello de pascua escondera. 











Tamén vimos uns videos de como Pepa Pig e os seus amigos buscaban ovos e coma os coellos facían os ovos de chololate.

DÍA DA FELICIDADE

20 mar. 2017

O día 20 de marzo conmemórase o día internacional da felicidade. Dende 2013 as Nacións Unidas celebran este día como recoñecemento do importante papel que desempeña a felicidade na vida das persoas de todo o mundo. 
Que mellor para alegrarnos o día que o sorriso dos nenos e nenas, pois aquí os tedes...

















E para compartir a nosa felicidade colocamos uns carteis para que colleran un sorriso e facerlles o día máis feliz.









FELIZ DÍA !!!

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.