PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO

20 feb. 2017

Xa está proxima a festa do Entroido e para ir preparándoa chegou hoxe ao cole O Meco que durante esta semana irá facendo mandados para que todos os nenos e nenas vaian collendo gusto a disfrazarse.

Para mañá temos que vir ao cole coa roupa do revés.

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

17 feb. 2017

No mes de xaneiro estiveron de aniversario Uxío, Juan Fernández Martínez, Aldara e Valeria González. Moitas felicidades aos catro, sodes os maiores da clase.






Xa tedes 4 anos!!!

CELEBRACIÓN DO NADAL

16 feb. 2017

Unha das entradas que me faltaban por publicar era a da celebración do Nadal.
Para ese día tiñamos que vir todos guapos e guapas coas nosas mellores galas. Mirade que elegantes estabamos...


Para celebrar que marchabamos de vacación fixemos unha merenda cos productos tipicos destas datas.







E como non estariamos xuntos para dar a benvida ao ano novo fixemos unha simulación das doce badaladas onde en lugar de uvas tomamos doce gusanitos. Algún non aguantou os cuartos e tomounos dunha vez..






E para rematar a xornada festiva que mellor que recibir as súas maxestades Os Reis Magos de Oriente.











OBRADOIRO DE COCIÑA

15 feb. 2017

Outra das actividades que fixemos no primeiro trimestre foi un obradoiro de cociña cos demais nenos e nenas de infantil. Neste ocasión elaboramos uns bombóns que son moi sinxelos de facer e coma non o noso biscoito de iogurt.
Para os bombóns necesitamos chocolate e cereais.
O primeiro foi partir o chocolate e botalo nun bol para que as mestras o derretiran...




engadimos os cereais...





e a remexer...





Por último toca darlles forma aos bombóns e metelos na neveira para que se puxeran duros...


Mirade que pinta máis rica tiñan...


EXPOSICIÓN "AS SEREAS"

5 feb. 2017

Durante o primeiro trimestre os nenos e nenas de catro anos estiveron investigando sobre as sereas e como fin do seu proxecto realizaron unha exposición á que nos invitaron.Si queredes ver todo o seu proxecto pinchade na serea.


Da man deles foron explicandonos a exposición...








Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.